Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación na festa “Nadal Infantil e Solidario” de Redondela

RR_Noticias

Máis dun milleiro de nenos de Redondela e comarca participaron a pasada fin de semana na festa “Nadal Infantil e Solidario”, que tivo lugar no Pavillón Municipal os días 26, 27 e 28 de decembro. Os pequenos puideron gozar de diversión cos obradoiros e xogos que se organizaron, ao tempo que se recolleron máis de 200 quilos en alimentos que foron depositados  no local de Cáritas.
 

A festa estivo organizada por TokApp School en colaboración co Concello de Redondela co fin de realizar un evento diferente onde poder compaxinar “educación, diversión e solidariedade”. O Nadal Infantil contou con múltiples colaboradores que organizaron talleres, actividades, sorteos e cinema nocturno. Academia Dublín, Jumping Clay, Os Ourizos e Nenoos organizaron diversos talleres para nenos. Ademais houbo actividades de tiro con arco organizadas por Meigarco, Círculo Mercantil e Cazarco. Tamén colaborou o Club Ciclista de Teis, a Federación Galega da Petanca e o Ximnasio Do Yang. TokApp School encargouse de realizar olimpíadas de xogos tradicionais galegos. En Nadal Solidario conseguíronse múltiples doazóns de alimentos, xoguetes e axudas económicas para os máis necesitados. Hoxe o Concello, através da concelleira de Servizos Sociais Teresa París, fixo entrega á organización Cáritas dos alimentos recollidos durante os tres días que durou a actividade de Nadal Infantil en Redondela, onde os nenos e nenas que acudían a participar nos xogos e actividades podían reducir a cota de entrada de dous euros a un euro  a cambio de doar algún alimento non perecedoiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará