Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela inviste 455.000 euros en obras de saneamento nas parroquias

RR_Noticias

Adxudicaranse en total 7obras de saneamento nas parroquias do Viso, Vilar de Infesta, Santo Estevo de Negros, Cabeiro, Cedeira, e no propio casco urbano de Redondela, por un importe total de 455.434 euros. No pasado mes de agosto comenzou a tramitación por lotes para a adxudicación dos traballos.

As obras de saneamento, segundo información da Alcaldía, acometeranse en zonas “onde o saneamento quedou inacabado durante o anterior goberno bipartito”, e darán comezo “unha vez rematadas as festas do Nadal”. Estes saneamentos levaranse acabo, en Cabeiro no Camiño dos Cambeiros, no Viso no barrio de Saramagoso, en Cedeira no barrio do Cruceiro, onde se vai a rematar a reforma integral de toda a zona co posterior asfaltado dunha das zonas máis transitadas de Cedeira. En Vilar de Infesta será no barrio de Fixón, en Santo Estevo de Negros no barrio de Pregal, en Cabeiro vaise a facer no camiño da Quirincosta. Tamén se realizará o saneamento e abastecemento da rúa Espiritu Santo en pleno casco urbano, onde se cambiarán as tuberías antiguas de formigón que conducían o saneamento así como as de fibrocemento que conducían a auga para abastecemento. Tamén se dotará esta rúa de redes de baixa tensión e comunicacións, inexistente nesta zona. O goberno de Javier Bas destaca “o esforzo orzamentario” que supón para o seu executivo esta cantidade en inversión para saneamento. Estes traballos, sumados á obra do Penisal en Chapela que supuxo un orzamento de 450.000 euros neste ano 2014, o gasto en Saneamento “superou os 800.000 euros, sen ter enconta o subvencionado por Medio Ambiente da Xunta de Galicia que permitiu a implantación do saneamento en Avispeira, tamén en Chapela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará