Alfonso Rueda visitou este venres Redondela para coñecer de primeira man as actuacións nas que a Xunta investiu no noso Concello, que puxo como exemplo de cooperación entre administracións. A Administración Autonómica aportou preto de 57.000 euros para a execución do proxecto.
Acompañando polo alcalde de Redondela, Javier Bas, e varios membros do goberno local, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou as obras de acondicionamento e mellora levadas a cabo polo concello nun tramo do río Maceiras e que contou cunha achega da Xunta de preto de 57.000 euros. Rueda destacou a posta en valor do noso medio ambiente e do respecto á natureza nesta zona recuperada para uso dos cidadáns.
O vicepresidente da Xunta dixo que “este tipo de actuacións son un bo exemplo dos beneficios que ofrece para os cidadáns a colaboración entre as distintas administracións, xa que son iniciativas nas que cooperan os concellos e a Xunta e permiten a execución de obras de mellora do entorno a conservación do medio ambiente, ademais de contribuír ao reequilibrio territorial, evitando duplicidades e ofrecéndolles aos cidadáns os mellores servizos”