Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quince anos recuperando os Cantos de Reis en Saxamonde

RR_Noticias

Os nenos de Saxamonde percorrerán este domingo a parroquia pedindo o aguinaldo cos cantos de reis. Rapaces de entre cinco e quince anos que interpretan cantos tradicionais do Nadal que foron transmitidos oralmente de pais a fillos. Cantigas que veñen recuperando dende hai quince anos e nas que se fala destas festividades pero tamén da nosa cultura e do noso pasado.

Humor, retranca e tradición son os ingredientes dos Cantos de Reis, que dende hai quince anos veñen recuperando na parroquia redondelá de Saxamonde e que este domingo se poderán escoitar polos barrios da parroquia. Entre tres e cinco cantigas que acompañan da música da frauta e a gaita e que nestes días ensaian no Centro Cultural Chan das Pipas. Cantigas pero tamén bailes que interpretan os rapaces e cos que piden o aguinaldo polas casas da parroquia. Doces, caramelos e diñeiro son a recompensa destes cativos que os veciños lles dan en agradecemento.

Paulo Jablonski
Saxamonde leva quince anos recuperando estes cantos tradicionais
Laura explica en que consisten
Recuperar a tradición pero tamén diversión como explica unha das rapazas
Canto de Reis
Os rapaces interpretaron en directo algunhas das cantigas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará