A Concellaría de Servizos e Igualdade convoca hoxe a concentración mensual en contra da violencia de xénero. O acto, que se desenvolverá hoxe luns na praza do Concello ás 19.30 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Centro cultural de Trasmañó.
Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller é responsabilidade de todos así como amosar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social. No acto de hoxe, ademais da lectura do manifesto gardarase un minuto de silencio en lembranza das vítimas.