Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian irregularidades no cobro da taxa do lixo

RR_Noticias

A Agrupación de Electores asegura que se lles está a cobrar a moitos veciños un total de 71 euros cando polo servizo que reciben deberían pagar a metade. Explican que a cota normal afecta a aquelas vivendas que dispoñen de servizo diario, mentres que naquelas parroquias ou lugares nos que a recollida non se fai todos os días o cobro debería ser de 35 euros anuais. Unha reducción que debería afectar tamén a aqueles usuarios que non dispoñan dun colector a menos de cen metros da súa vivenda e que deberían abonar un único pago de 36,5 euros.

Dende AER critican tamén que dende o Concello se estean a rexeitar as reclamacións realizadas polos afectados. Segundo explican aos que alegan que viven a máis de 100 metros da zona de recollida “o Concello interpreta como zona de recollida a parroquia ou barrio e non o contedor máis próximo á vivenda ou establecemento do usuario” polo que se lles aplica a taxa de 71 euros.
Os veciños que argumentan que non dispoñen de servizo diario denégaselles a alegación asegurando que si se está a recoller o lixo todos os días.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará