Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Instituto de Chapela forma aos seus alumnos na diversidade da infancia

RR_Noticias

O Departamento de Servizos á Comunidade deste instituto celebra dende o 12 ao 14 de xaneiro unhas xornadas de formación que baixo o título “Miradas Diversas na Infancia”, céntranse na infancia con diversidade funcional e as súas necesidades. Os alumnos achéganse á realidade do autismo, a parálise cerebral ou outras cuestións relacionadas coa atención temperá.

As Xornadas van dirixidas ao alumnado de Formación Profesional dos Ciclos de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e ao Ciclo de Educación Infantil.
Desta maneira, desde o Departamento de Servizos á Comunidade, persegue ofrecer unha formación específica ao seu alumnado coa participación de profesionais especialistas que traballan directamente no ámbito da discapacidade infantil. A través de charlas e obradoiros prácticos abordarase cuestións relacionadas coa atención temperá, coa infancia e o autismo, con parálise cerebral, ou o papel da familia no desenvolvemento destas crianzas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará