Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corte de tráfico no casco urbano pola procesión de San Sebastián

RR_Noticias

Ducias de persoas participarán na tarde noite de mañá martes nos actos de carácter relixioso convocados co gallo da celebración de San Sebastián. Por este motivo as rúas do casco urbano pecharanse ao tráfico a partir das seis e aproximadamente ata as nove da noite. Axentes da policía Local e protección civil traballarán no operativo especial para regular a circulación.

A procesión sairá aproximadamente ás 18:45 horas dende a Igrexa de Santiago, logo de que remate a misa prevista para as seis da tarde. A comitiva percorrerá o casco vello ata chegar á rúa Picota e baixar por Cabo dos Fumeiros (a coñecida como rúa dos Canastros) para coller xa en dirección a Vilavella polas rúas Xeneral Rubín e Reveriano Soutullo. Na praza de Ponteareas dará a volta para regresar ao punto de partida.
Unha procesión que obrigará a cortar o tráfico polo centro urbano aproximadamente ata as nove da noite, hora en que está previsto que remate o percorrido.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará