Os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística confirman o noso concello como o segundo máis poboado de toda a área metropolitana, só por detrás de Vigo. Con todo Redondela constata unha tendencia á baixa no número de veciños que se mantén nos últimos anos. Así, no 2014 había censadas 29.909 persoas, cando cinco anos atrás a cifra superaba os 30.000 habitantes.
A cidade máis poboada de toda Galicia é Vigo con 294.997 habitantes, segundo so últimos datos feitos públicos polo INE. Unhas cifras que constatan que o segundo municipio da área metropolitana en poboación es Redondela con 29.909 censados en xaneiros de 2014, seguido de Cangas e Moaña.
O resto da nosa bisbarra hai que salientar a evolución en Soutomaior, concello no que a evolución é á alza. Hai censadas 7.356 persoas, duascentas máis que cinco anos atrás. Pola contra, en Fornelos e Pazos de Borbén continúa a sangría demográfica. Dúas localidades que ano tras ano van perdendo veciños. En Fornelos viven 1.784 persoas mentres que en Pazos hai censados 3.075 habitantes.