Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música popular volve a Redondela da man da Rede de Músicas Soltas

RR_Noticias

Un total de seis concertos desenvolveranse durante os vindeiros meses dentro dun ciclo que celebra a súa segunda edición organizado pola Concellería de Cultura. A primeira das actuacións será este sábado ás 21:00 horas no Centro Recreativo e correrá a cargo da acordeonista, cantante e compositora Celina da Piedade. Nos vindeiros meses os concertos trasladaranse ao Multiusos coa presentación dos últimos discos de Eliseo Parra, Guadi Galego, Alba María, Narf trio ou Alejandro Vargas. O prezo da entrada é de 4 €.

A Rede de Músicas Soltas ofrece unha cita mensual coas mellores músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, nun programa regular para presentar os traballos de artistas en activo. Pequenos formatos para o espazo do Auditorio da Xunqueira, agás a primeira das propostas que terá lugar no Centro Recreativo Cultural este sábado ás 21:00 horas e que correrá a cargo da acordeonista e cantante Celina da Piedade. Nesta edición pasarán tamén polo auditorio da Xunqueira Narf trío (21 de febreiro) quen presentará a versión roqueira de Rosalía de Castro. Guadi Galego (21 de marzo) coa presentación do seu segundo disco Lúas de outubro e agosto e unha xovencísima Alba María. Completan o programa o cubano Alejandro Vargas (23 de maio) coa súa música sobre as miniaturas musicais de Eugenio Granell  e a actuación xa para concluír o 20 de xuño de Eliseo Parra. Dende a Central Folque agradecen o compromiso do concello de Redondela por dar unha oportunidade á música en directo e facilitar tamén a achega dos veciños a estes espectáculos. Mauro Sanín confía en que a iniciativa teña continuidade e “que se espalle tamén a outros municipios”. De feito lamentaba que este tipo de concertos non teñan cabida nas programacións culturais “máis por unha cuestión de vontade que por razóns económicas. Unha desidia que se escusa tras a crise”. Nese sentido, Julio alonso edil de cultura mantiña o compromiso do seu departamento con este tipo de programas nos que se mesturan artistas noveles con outros consagrados e se aposta por outro tipo de músicas. O prezo da entrada única é de 4 €, e poderanse mercar dende dous días antes a cada concerto no multiúsos da Xunqueira, e no propia día do concerto dende dúas horas antes ao inicio.    

Mauro Sanín Central Folque
Un programa variado que se vai desenvolver durante seis meses
Celina da Piedade cantante
Será a primeira en subirse ao escenario
Julio Alonso edil de Cultura
Un programa diferente no que se mesturan aristas noveles con outros consagrados
Falta de vontade
Ese sería o motivo que se agocha ao entender de Mauro Sanín detrás da falta de interese doutros concello por levar a cabo inciativas como esta
Próximos concertos
Narf Guadi Galego e Alba María pasarán tamén por Redondela
Eliseo Parra pechará o ciclo
Será xa o 20 de xuño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará