Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un proxecto redondelán para producir enerxía coa forza das mareas probarase na ría de Vigo

RR_Noticias

Trátase de muíños que funcionan coas mareas, capaces de producir enerxía a través dos movementos periódicos do mar. A empresa redondelá Magallanes Renovables, está a construír nun estaleiro de Vigo a primeira plataforma flotante que xera electricidade.

Construtores e enxeñeiros emprenderon hai sete anos o reto de crear un “trimarán”, unha plataforma móbil destinada a producir enerxía a través das mareas. José Manuel Fernández, o director xeral de Magallanes Renovables, advirte que competirán con proxectos de grandes firmas multinacionais. Pero o seu modelo, con tecnoloxía 100% galega, parte con vantaxe xa que é “máis sinxelo e económico”. Fernández sinala que están “mellor posicionados” que os seus competidores, xa que o seu prototipo é “máis eficiente” en custes e tamén en capacidade para xerar electricidade. Nunhas semanas probarán o modelo na ría de Vigo, antes de someterse á homologación do Centro Europeo de Enerxías Mariñas, no arquipélago escocés de Orcadas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp