Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os reforzos do Areas non foron suficientes para frear ao Choco, que regresa ao bo camiño

RR_Noticias

As últimas fichaxes dos anfitrións non serviron para cambiar a dinámica do Cultural Areas, que incorporou ata catro xogadores para saír do pozo. O Choco fixo o seu fútbol e soubo aproveitar as súas opcións. Un único gol de Gonza serviu para traer os tres puntos a Redondela e manter aos redondeláns na sexta praza.

Terceira División
C.Areas 0-1 Choco
Os de Jacobo Montes limitáronse a facer o que mellor saben, e de nada lle serviron ao Areas as incorporacións de Nucho, Salva Miras, Belforti e Tito Romero, que se estreaban onte. Na primeira parte o Choco tivo máis posesión de balón, e o gol chegou practicamente na única ocasión desa metade inicial. A presión de Hugo e Rober facilitou o roubo de balón en campo contrario e a internada do primeiro que, unha vez na área, cedeu atrás para a chegada do centrocampista, Gonza, que conectou o golpe e superou a Nucho. Antes do descanso non se produciron novidades e despois do descanso o Areas foi a buscar a remontada. Ante a presión local, Montes moveu as súas fichas e defendeu con comodidade o resultado, e mesmo tivo outras dúas ocasións nos últimos dez minutos para sentenciar o encontro. O 0-1 permite ao Choco manter a sexta posición a catro puntos da promoción de ascenso.
Cultural Areas: Nucho, Marcos, Salva Miras, Costas, Belfortti, Ramos, Couso (Fonseca, min. 62), Titi Romero, Cuadrado (Buba, min. 73), Mota, Luismi
Choco: Cortegoso, Piñeiro, Saúl (Cris, min. 79), Iago, Carminati, Molinos, Gonza (Fernando, min. 77), Xosé, Hugo, Róber, Silva (Aitor Gómez, min. 65)
Gol: 0-1, min 25: Gonza.
Árbitro: Bruno Méndez Castro. Amosou cartón amarelo a Salva, Jesús Ramos e Couso do Cultural Areas.
Incidencias:Partido correspondente a vixésimo terceira xornada no grupo I de Terceira División disputado no campo de A Lomba en Ponteareas. O céspede estaba moi pesado debido a choiva caida nos últimos días.
Fichaxes
O C.D. Choco reforzouse no mercado de inverno, logo de rexistrar tres baixas o equipo completou o cadro con outras tantas chegadas, a última, a de Félix Rial, o dianteiro que estaba no Cultural Areas. O xogador cubrirá a saída de Albert. Por outra banda Míchel, que estaba no Atios, regresa para o posto de lateral, mentres que Pablo Valente causa baixa. Por último Brian chegou ao equipo para suplir a marcha de Roland.
Segunda Autonómica

Sta Mariña 2-1 Choco
O filial do Choco cae ata a 4ª praza do grupo logo da derrota no campo do Sta. Mariña, que remonta posicións desde a parte baixa da clasificación. Na próxima xornada reciben ao Apóstol, no pozo da clasificación.
Bamio 4-2 Arcade
O Arcade segue afundido na parte baixa da táboa logo da derrota no campo do Bamio, que recorta distancias cos de Soutomaior. O domingo terán ocasión de mellorar os seus resultados, xa que reciben ao pechacancelas, o Moraña.
Terceira Autonómica

Cerponzóns 3-1 Cesantes
O Cesantes segue na metade baixa da táboa logo da derrota no campo do Cerponzóns. A próxima xornada reciben ao S. Andrés, situado na parte alta da táboa.
Balaídos 1-0 Beretes Chapela
O Peña Beretes perdeu pola mínima na súa visita ao campo do Balaídos, e baixan á 9ª praza do grupo. A próxima fin de semana reciben ao Moledo, que é 7º.
Chapela 2-1 R. Casablanca
O Chapela mantén a segunda praza do grupo logo de gañar ao Casablanca nun partido moi igualado de principio a fin. O domingo xogarán no campo do Miño, que é 3º, un punto por baixo dos redondeláns.
Vilar 3-1 Covelo
Os redondeláns demostraron a súa superioridade sobre o Covelo, e manteñen a 5ª praza do grupo. Na próxima xornada xogarán no campo do Rubios, que é 3º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará