O Multiusos da Xunqueira recupera este venres o Búrbida Máxica, un encontro organizado pola Concellería de Cultura e que se vai desenvolver durante tres venres consecutivos con presenza de nove magos procedentes de diferentes puntos de Galicia. Propostas para todos os públicos os días 6, 13 e 20 con entrada de balde.
Redondela acolle, entre o 6 e o 20 de febreiro, o IV Encontro Búrbida Máxico, que arrancará este venres 6 ás 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira, coa actuación do Mago José, un mozo de Redondela especializado en maxia de salón e o mago Victor Noir da Coruña quen sorprenderá ao público cos seus xogos de mentalismo Pechará a xornada o mago KiKo Pastúr co números de proximidade. Unhas actuación das que nos falaba o organizador do programa e tamén mago, Eloy Crespo. O encontro máxico continuará nos dous seguintes venres do mes, o 13 e o 20 no mesmo horario, e contará coa participación de magos de toda Galicia. A entrada é de balde para todas as funcións e está orientada ao público en xeral, incluídos tamén os máis pequenos O venres 13 os asistentes poderán ver a manipulación de obxectos do vigués Mago Miguel, quen sorprenderá ao público con orixinais trucos realizados con culleres e garfos, a maxia combinada con espectáculo de malabares a cargo de Noel Fandiño e a maxia enxebre do Mago Romarís. A última das actuacións será o venres 30 coa micromaxia de Sergio Sienes, o espectáculo de jazzmagic de Eloy Mateos e a maxia de salón de Román García.