O Multiusos da Xunqueira acolle o venres 13 ás 20:00 horas unha charla sobre a renda básica e os dereitos de cidadanía. Intervirá nesta charla coloquio o coordinador de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida e o mediador social Jose Antonio Ramirez.
Un acto no que os poñentes falarán da proposta da Renda Básica das iguais, un dereito de toda persoa a percibir unha contía periódica para cubrir as necesidades básicas. Un dereito que sería: individual, universal, incondicional é dicir independente do nivel de ingresos e do mercado de traballo e cuxa contía ha de ser polo menos igual ao limiar da pobreza. Unha proposta que pretende ser un xeito de loitar contra a precariedade, o empobrecemento e a exclusión social.
No acto recolleranse sinaturas de apoio a esta Iniciativa Lexilativa Popular en favor da Renda básica. De igual xeito, nos próximos días o Grupo Municipal de AER, a solicitude de Espazo Ecosocialista, rexistrará para o seu debate en Pleno unha moción para que o concello de Redondela apoie está iniciativa “tan necesaria nun momento en que o risco de exclusión social sitúase preto de un terzo da poboación”.