Redondela acolle hoxe a segunda xornada enmarcada dentro do IV Encontro Búrbida Máxico con actuacións a partir das 21:00 horas no Multiusos da Xunqueira. Números de maxia que se combinan con malabares e humor a cargo dos magos Miguel, Noel Fandiño e o Mago Romarís.
Hoxe venres ás 21:00 horas os asistentes poderán ver a manipulación de obxectos do vigués Mago Miguel, quen sorprenderá ao público con orixinais trucos realizados con culleres e garfos, a maxia combinada con espectáculo de malabares a cargo de Noel Fandiño e a maxia enxebre do Mago Romarís. O encontro máxico continuará na vindeira semana coa micromaxia de Sergio Sienes, o espectáculo de jazzmagic de Eloy Mateos e a maxia de salón de Román García. A entrada é de balde para todas as funcións e está orientada ao público en xeral, incluídos tamén os máis pequenos