Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e SAR amosan a súa mellor cara en campo contrario

RR_Noticias

Os dous equipos de Redondela xogaban fóra da casa, pero iso non impediu que lograran a vitoria. O Vitaldent Pontevedra perdía ante o construcción Castro Chapela por 19-26 e a Sar lograba a vitoria na súa visita ao campo do Promens Cañiza nun encontro que rematou co resultado de 21-23.

A piques estivo o Promens Cañiza de dar a sorpresa e vencer á Sar Plastic Omnium. Os locais de feito chegaron ao descanso con vantaxe no marcador e a tan só cinco minutos do final os dous equipos estaban empatados. Foi nese tramo final cando a equipo de Carlos Rey logrou remontar para lograr a vitoria nun encontro que rematou co resultado de 21-23 a favor dos redondeláns
Máis contundente se amosaron os xogadores do Construcciones Castro Chapela quen non deron oportunidade ao seu rival. Durante todo o encontro os de Chapela foron claramente superiores chegándose ao descanso xa cunha clara vantaxe a favor dos visitantes que vencían por 6-12. O partido non daría un respiro aos locais ata chegar ao definitivo 19-26. O Chapela segue terceiro e ten na vindeira semana unha cita a priori doada, xoga contra o Ártabro, penúltimo da táboa. Partido que se disputará no pavillón de Chapela
A SAR xoga tamén na casa, deberá defender o seu quinto poso ante outro equipo feble, o Granitos Ibéricos, que ocupa o decimo primeiro lugar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará