Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xogador benxamín do RedondelaFS, Eduardo González Ricón subcampión de España

RR_Noticias

Eduardo González Ricón, “Edu”, ven de proclamarse subcampión de España de seleccións autonómicas no campionato que se desenvolveu dende o mércores 11 ata o domingo 15 de febreiro na localidade asturiana de Xixón. O xogador redondelán gañouse un posto entre os 12 privilexiados que defenderon á selección galega neste campionato.

Os galegos quedaron encadrados no grupo A, xunto as seleccións de Navarra, Madrid e Melilla. Logo de vencer ás tres seleccións contrincantes fixéronse cun posto nas semifinais xunto os outros tres campións dos grupos B, C e D. O rival dos galegos sería a selección andaluza, partido que venceron por 2-1, sendo Edu un os protagonistas do encontro ao marcar un dos goles. A final disputouse o domingo ante Castela A Mancha caendo derrotados nun axustado encontro por 2-1. Edu sería un dos xogadores que máis minutos disputou, así coma a responsabilidade de portar o brazalete de capitán, e representar así tamén aos seus compañeiros na cancha. Julio Mougán, presidente do Redondela FS salienta o traballo de Edu e entende que os seus logros son un acicate máis para seguir traballando coa base. O club xa prepara diferentes actos onde se recoñeza a importancia desta convocatoria.  

Julio Mougán Redondela FS
Amosa a súa satisfacción polos éxitos de Edu

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará