A Asociación Cultural Alén Nós e a Sociedade Galega de Antropoloxía, organizan a presentación do libro “Alicornio, a maxia do corno de unicornio e a súa pegada na medicina tradicional galega”. Un acto aberto que terá lugar o xoves 19 ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
O antropólogo Rafael Quintía, autor e presidente da Sociedade Galega de Antropoloxía, será o encargado de descubrir aos asistentes a antropoloxía galega que aínda está viva entre nós, con crenzas, ritos e obxectos. No seu libro titulado “Alicornio, a maxia do corno de unicornio e a súa pegada na medicina tradicional galega” o antropólogo pontevedrés analiza este fenómeno da mitoloxía logo de 18 anos de investigación en toda Galicia.
Unha charla presentada por Xosé Couñago, de Alén Nós.