Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira recupera para uso público a antiga escola da República

RR_Noticias

O pleno municipal acordou por unanimidade o cambio de uso do inmoble que actualmente estaba dedicado a uso relixioso. O acordo permitirá rehabilitar o edificio, situado a carón da Igrexa, e que se atopa en estado ruinoso. A actuación precisaría dun orzamento próximo aos 72.000 euros, cantidade que se poderá reducir se as obras finalmente as realizan os alumnos do obradoiro de emprego segundo explicou a edil de economía e facenda Ana Alonso.

A antiga escola de Cedeira destinarase, unha vez rehabilitada, “para equipamento de carácter sociocultural”. Así se acordou na sesión plenaria de onte na que todos os grupos apoiaron o cambio de uso deste antigo edificio que actualmente estaba destinado a uso relixioso malia ser de propiedade municipal.    Un paso importante para a Asociación de Veciños de Cedeira que dende hai anos viñan reclamando a recuperación deste edificio para uso dos veciños. Con todo, haberá que esperar a que o inmoble sexa reformado, xa que actualmente atópase en estado ruinoso. Unha actuación que a edil de economía estima próxima aos 72.000 euros, cantidade que se vería reducida notablemente no caso de que o Concello poida acceder ao obradoiro de emprego xa solicitado a Consellería de emprego “aforrándose así a man de obra que nesta actuación supón 40.000 euros”. O apoio a este cambio de uso foi unánime, malia que dende o BNG solicitaron que a rehabilitación corra a cargo do Concello xa que se trata dunha propiedade municipal e non a cargo dos orzamentos participativos que ao entender do nacionalista Xoán Carlos González deben empregarse para outros fins. Apoia tamén dende AER por entender que con este cambio de uso se dá resposta á petición veciñal. Dende o PSOE a única petición foi sobre o nome que se lle dará ao edifico. O edil Eduardo Reguera propón que pase a denominarse “escola da República, que é como a coñecen os propios veciños do lugar”.  

Ana Alonso PP
Recuperar o uso público para un edificio municipal
Unha obra de 72.000 euros
A actuación podería abaratarse a través dun obradoiro de emprego
Alfonso Blanco AER
Dende AER defenden unha decisión que dá resposta a unha demanda veciñal
Xoan Carlos González BNG
Os nacionalistas entenden que a rehabilitación non debería ir a cargo dos orzamentos participativos
Eduardo Reguera PSOE
Nomeala oficialmente como escola da república

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará