Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados AP-9: “Non entrará unha máquina en Chapela ata que non se resolvan as expropiacións”

RR_Noticias

A Asociación de afectados pola ampliación da autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela non ocultan o seu malestar logo de que o pasado venres se colocara a primeira pedra que anuncia o inicio das obras. En todo momento manifestáronse en contra dunha obra que “non vai solucionar os problemas de tráfico na área metropolitana” e malia que non conseguiron o seu obxectivo último que era parar a obra anuncian que non van permitir que as máquinas comecen a traballar en Chapela ata que non se resolva “o problema das expropiación e das afeccións que afectan ás propiedades que quedan a menos de 100 metros da estrada”

Francisco Puch amosa o seu malestar porque se anuncie a inicio da ampliación cando aínda non está resolto o tema das expropiacións. Concretamente o portavoz da asociación de afectados fala dun edificio de catro andares e seis vivendas que están afectadas e a cuxos propietarios aínda non lles resolveron as alegacións presentadas.   Outro dos problemas que máis preocupa a asociación é a situación na que quedan as 400 vivendas que se atopan na liña de afeccións. “Lei de Carreteras marca una liña de afección de cen metros a cada lado do vial, cunha franxa de oito metros de dominio público e unha liña de servidume de 25 metros” explica Puch quen reclama que esta afección sexa corrixida. Outra das queixas fai referencia á situación de incerteza que afecta ao colexio Igrexa “sabemos que hai acordos entre o concello e a Consellería para trasladar o centro educativo e que houbo reunións para informar aos afectados de que está en proceso de traslado pero entendemos que unha falta de seriedade por parte de Fomento que o problema non estea xa solucionado” conclúe Puch.  

Francisco Puch Afectados AP-9
As máquinas non pasarán mentres non se resolvan os principais problemas
Expropiación non resoltas
Hai veciños que non reciiron aínda unha contestación as súas alegacións
Afección a 100 metros
A Lei de Carreteras é quen marca esta liña de afección
Colexio Igrexa
Un centro educativo cuxo futuro ainda está sen determinar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará