Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Choco correcto faise forte en Barbadás

RR_Noticias

O equipo de Jacobo Montes fíxose onte cunha traballada e sufrida vitoria no campo dos Carrís ante o Barbadás, e xa se sitúase na sexta posición, a tan só un punto da promoción de ascenso. A de onte foi unha xornada perfecta para o fútbol redondelán, con resultados positivos en todas as categorías.

Terceira División

Barbadás 0-1 Choco
Os de Redondela non estiveron ao seu mellor nivel nun terreo de xogo en mal estado, e o partido puido sosterse grazas ao traballo de defensa e as intervencións de Cortegoso. O porteiro sacou un man a man a Rafita na primeira metade na única ocasión antes do descanso. O Choco careceu de opcións.Tras o paso polos vestiarios, o enfrontamento seguiu coa mesma tónica pero, nesta ocasión, a opción asinouna o conxunto de Redondela e o balón terminou no fondo da portaría local. O Barbadás, co marcador en contra, mostrou a súa mellor versión con tres ocasiones consecutivas. Unha marchou fóra, outra terminou no pau e a terceira parouna Cortegoso para lanzar o contragolpe do seu equipo que supuxo a expulsión de Alfredo, que derrubou a Hugo cando se dispuña a marcharse só cara á portaría local. Sería a acción coa que terminou o encontro. Con 43 puntos e a permanencia virtualmente asegurada, o Choco queda a tan só 1 punto de distancia dos equipos situados en 4º e 5º posto, o Órdenes e o Arousa. Co arousán medirase precisamente o próximo domingo, en Santa Mariña, polo que un resultado positivo dos redondeláns suporía un golpe de efecto na cabeza da clasificación para pelexar pola promoción de ascenso.
Barbadás: Diego, Jorge, Alfredo, Quintairos, Diego Vieytes, Nacho Currás, Rafa, Moisés Pereiro, Hugo, Breogán Pereiro (Rubén Arce, min 72), Jaime (Isi, min 64)
Choco: Cortegoso, Iago Vázquez, Saúl, Lucas, Carminati (Brian, min 76), Fernando, Pablo Piñeiro, Xosé Ramón (Molina, min 85), Félix (Comis, min 58), Hugo, Silva
Gol: 0-1, min. 82: Hugo.
Árbitro: Fernando Formoso Sánchez, auxiliado por Javier Igrexas Villanueva e Adrián González Franco. Expulsou a Alfredo (min. 92) do Barbadás. Mostrou cartolina amarela a Iago Quintairos, Diego Vieytes e Breogán Pereiro do equipo local e a Fernando, Silva e Comis do Choco.
Segunda Autonómica

Lavadores 1-2 Choco B
O Choco B escala ata a 3ª praza logo de impoñerse nun campo complicado como o do Lavadores, co que agora conseguiron empatar a puntos. Os vigueses desaproveitaron multitude de ocasións e errou ao defender as contras dos redondeláns. Agora o filial do Choco aperta os postos polo ascenso. Na próxima xornada reciben Á Guía, da metade da táboa.
Arcade 1-1 Poio
O Arcade non foi quen de pasar do reparto de puntos ante un rival accesible, pero que lle puxo as cousas complicadas aos de Soutomaior. Na próxima xornada Bueu-Arcade
Terceira Autonómica
Cesantes 5-1 Salcedo
O Cesantes fixo un espléndido partido diante dun rival complicado, o Salcedo. Na próxima xornada Pontecaldelas-Cesantes.
Chapela 5-1 Fortuna Vigo
O Chapela mantén o 3º posto logo de golear ao pechacancelas do grupo, o Fortuna Vigo.
Beretes Chapela tiña xornada descanso. Na próxima fin de semana xornada de descanso para todos os equipos do Grupo 16, fin de semana que aproveitarán algúns clubs para disputar os partidos que teñen aprazados.
Vilar 2-1 Areas B
O Vilar é 5º logo de superar ao filial do Areas cunha traballada remontada. Adiantáronse os visitantes, e puideron sentenciar cun penalti, pero erraron o disparo. O Vila repúxose e na segunda metade foi mellor. Próxima semana xornada de descanso tamén no Grupo 17.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará