Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela debate uns orzamentos de 17 millóns

RR_Noticias

O concello acolle esta tarde ás 20:00 horas un pleno extraordinario no que se someterá a debate a aprobación inicial dos orzamentos para este 2015 por valor de 17.280.000 euros. Os populares volverán precisar do apoio ou abstencións dalgún dos grupos ou concelleiros da oposición para sacar adiante estas contas que segundo a concelleira de economía e facenda Ana Alonso, incrementan as partidas dedicadas a servizos sociais, educación e emprego.

Neste sentido hai varias partidas que se destinarán aos obradoiros de emprego, un para mozos con especialidades de monitor de tempo libre e xardinería e outro dirixido a parados de longa duración nas especialidades de albanilería e cantería. 
No capítulo de investimentos aparecen novamente as partidas correspondentes á finalización do Plan Marisma+, como o pavillóns de deportes, o polémico paseo de Cesantes ou o pantalán de acceso ao museo Meirande.
Fóra desas partidas as cantidades investidas destinaranse aos orzamentos participativos e unha partida para a rehabilitación do mercado de Chapela. Déixanse tamén achegas menores para proxectos relacionados co traslado de servizos sociais ao Multiusos da Xunqueira, cun investimento de 30.000 euros ou coa gardería de Chapela, con 20.000 euros.
Rebaixa no IBI
Recóllese tamén neste documento económico unha rebaixa do recibo de contribución urbana (IBI) ao mínimo legal o que “suporá unha reducción nos recibos dos cidadáns”. Isto conlevará unha reducción da recadación un feito que segundo explica Ana Alonso non suporá unha mermas noutras partidas “grazas sobre todo á reducción dos gastos financeiros”
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará