A Comunidade de Montes do Viso organiza unha nova edición do día da árbore para o vindeiro domingo 22 de marzo consistente nunha plantación de árbores no Monte do Espiño. Unha actividade que serve por unha banda para recuperar a vexetación no lugar e tamén como actividade didáctica entre adultos e nenos para concienciar na necesidade de coidar o monte.
O punto de encontro será a carballeira do monte do Espiño, por enriba do barrio da Nogueira ás 10:30h da mañá. Como en anos anteriores colaboran “Xirela, Servizos Técnicos e Obra do Rural” e “Maquinaria Agrícola Carpintero”.
A plantación centrarase en consolidar masas arbóreas do monte para deste xeito aumentar a diversidade da zona e realizar unha labor didáctica entre adultos e os máis cativos achegando a experiencia de participar no mantemento e coidado da natureza en xeral, e do monte comunal en man común en concreto.
O día da árbore do Viso é unha actividade aberta a toda a veciñanza, na que poden participar sen máis que levando un legón, unha luvas e ganas de traballar para conseguir un monte que siga proporcionando recursos tanxibles e intanxibles como poden ser as augas, a paisaxe, a fixación de carbono, leñas, froitos como as castañas, cogomelos, hábitats de fauna e flora.