Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes acolle a XIX Bandeira Concello de Redondela de Bateis

RR_Noticias

O Club de Remo de Cesantes é o encargado de organizar esta proba, na que participarán embarcacións de toda a provincia de Pontevedra. A competición será o domingo, a partires das 11.00 horas, e o club anfitrión participa con catro embarcación, en todas as categorías masculinas.

Ignacio Novelle, membro da directiva, sinala que se trata dunha “responsabilidade” organizar esta proba, e ao mesmo tempo unha satisfacción, xa que lle brinda aos seus deportistas a oportunidade de competir “diante do seu público”. Confía en que as condicións meteorolóxicas sexan favorables e que participen practicamente todos os clubs da Liga Territorial Sur de Bateis. O outro club de remo da localidade, o C.R. Chapela, participará tanto nas categorías masculinas como femininas, e agárdase que aproximadamente unha ducia de clubs da provincia tomen a saída nalgunha das probas. No club anfitrión confían en facer “un bo papel”, xa que o balance nesta temporada de bateis é “positivo”. Sobre todo na categoría Infantil Masculina, onde teñen opcións de clasificarse para o Campionato Galego, que se disputará en Vilagarcía, e mesmo no Campionato de España, que se vai celebrar en Meira, ambos no mes de abril.  

Ignacio Novelle da directiva do C.R.Cesantes
No club agardan que participen todos os clubs da Liga Territorial Sur.
Balance positivo da temporada
No club fan un balance positivo da temporada sobre todo na categoría Infantil cos que esperan clasificarse para o Campionato Galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará