Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Plastic Omnium recorrerá á bolsa de emprego do Concello para as novas contratacións

RR_Noticias

A empresa, que leva asentada en Redondela 25 anos, comprométese co concello a seguir botando man de traballadores redondeláns no caso de precisar incrementar o seu cadro de persoal. Así o aseguraba onte o alcalde, Javier Bás nunha visitar realizada a sede da empresa. O Concello comprométese a  realizar accións formativas orientadas a preparar aos candidatos.

Así o explicaba a concelleira de Emprego Ana Alonso, que explicou que dende o 2011 Plastic Omnium contratou a máis de 120 veciños de Redondela a través de diferentes convenios de colaboración que permitiron que 150 persoas realizase practicas laborais cunha cifra de inserción do 85%. O director da empresa, Eduardo Villanueva, apuntaba que a día de hoxe son un total de 340 empregos directos os que oferta esta empresa asentada en Redondela dende hai 25 anos. Lembraba tamén os momentos difíciles vividos pola planta sobre todo no ano 2010 “cun futuro marcado pola incerteza e no que estaban en risco os 206 empregos que había naquel intre”. Unha situación difícil que se solventou grazas a chegada de carga de traballo e da modernización da propia fábrica que permite a día de hoxe contar con novas tecnoloxías e fabricar produtos máis competitivos. A empresa Plastic Omnium fabrica diversos compoñentes plásticos para os vehículos do grupo PSA Citroën-Peugeot e aspira a fabricar os parachoques do novo vehículo da planta de Balaídos.  

Eduardo Villanueva director Plastic Omnium
Un empresa con 340 empregos
Malos momentos e modernización
A empresa pasou polo seu peor momento no 2010
Javier Bas alcalde
Compromiso de contratar traballadores redondeláns
Ana Alonso edil de emprego
Traballar na formacion

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará