Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para solicitar praza no Programa de Balnearios Coidarte 2015

RR_Noticias

O Concello de Redondela abre o prazo para participar no programa de balnearios “Coidarte”, unha actividade que vai dirixida ás persoas de máis de 50 anos, pensionistas ou aqueles que necesiten “un respiro familiar” e así o acredite un informe do traballador social do Concello. Os interesados deberán solicitar a súa participación no periodo comprendido entre o 1 e  o 30 de abril de 2015, entregando a solicitude no Rexistro do Concello Redondela ou na oficina de Rexistro situada en Chapela.

O programa consiste en pasar cinco tardes, de luns a venres, nun dos establecementos escollidos, facilitando o transporte desde os concellos ata o establecemento e viceversa.
O uso das instalacións do balneario, spa ou talaso será dunha media de dúas horas cada día e facilitaranse unhas chancletas e un gorro de auga para cada persoa. O único requisito indispensable é non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía.
O programa estará cofinanciado pola Deputación de Pontevedra (40 €) e o Concello de Redondela (10 €).
Os interesados deberán solicitar a súa participación no periodo comprendido entre o 1 e  o 30 de abril de 2015, entregando a solicitude no Rexistro do Concello Redondela ou na oficina de Rexistro situada en Chapela.
Máis información, nas oficinas dos Servizos Sociais de Redondela (986 402 608) e Chapela (986 458 993).
Cada usuario terá que pagar unha cota dependendo do lugar elidido. No caso de solicitar a súa estadía en Cuntis serían 67 €, na Toxa 66 €, Mondariz 63 €, Oia.60 €, Moaña 45 €
E o máis económico o de Silleda onde só se pagarían 25 €.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará