Julio Mougán, ata gora Presidente do Club Redondela Fútbol Sala, cesa no seu mandato por incompatibilidade laboral con novos proxectos adquiridos nas últimas datas. Con todo, seguirá como adestrador do equipo sénior da liga galega e manterá a súa labor de educador nos equipos Benxamín “B” e Benxamín “C” das categorías inferiores ata final de tempada.
Segundo explicou o xa expresidente “as rutinas e dinámicas de traballo que nestes momentos ten o club impídenme dedicarlle o tempo que ata agora dispoñía. É un momento bo para redistribuír as funcións, e sobre todo, empezar a deseñar a tempada 2015/2016”.
O club quedará agora formado por unha comisión xestora de traballo, encabezada pola xunta directiva actual, e anunciarase nos próximos días a incorporación de novos membros, así como a súaa nova constitución.