O accidente producíase as 13:24 horas no casco urbano de Redondela cando un turismo se saltaba o paso de peóns e se levaba por diante a este moza, traballadora do supermercado Moldes, que nese intre estaba a atravesar a estrada. Ata o lugar desprazáronse axentes da policía local e nacional así como unha ambulancia medicalizada do 112 que trasladou á ferida a un centro hospitalario.
Por mor do accidente producíronse importantes retencións de tráfico nunha hora de gran afluencia de vehículos nesta rúa do centro urbano. Dúas patrullas da policía encargáronse de ordenar o tráfico. A moza, que permanecía consciente logo do sinistro, foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario sen que teña transcendido o seu estado.