Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A chuvia obriga a acurtar a procesión do Cristo dos Navegantes

RR_Noticias

A numerosa procesión que adoita prolongarse ata preto da medianoite recolleuse onte moito antes do previsto debido ás chuvias que comezaron a caer sobre as dez e que anunciaban treboada. Os devotos na vez de chegar ata o convento de Vilavella deron a volta xa na praza de Ribadavia para regresar á igrexa de Santiago.

Unha xornada de tempo espléndido con sol e altas temperaturas a vivida no festivo do Luns do Cristo en Redondela. Con todo, a situación mudou a última hora da tarde, coa chegada de precipitacións que obrigaron a acortar a procesión que as 20:30 horas da tarde partía dende a igrexa de Santiago. A tradicional procesión do Cristo das Agonía ou Cristo dos navegantes volvía congregar a centos de persoas nunha comitiva que debía prolongarse durante máis de tres horas pero que non chegou completar o seu percorrido pola chuvia que comezou a caer ás dez e que obrigou aos organizadores a dar a volta xa na praza da Farola na vez de chegar ata o Convento de Vilavella como manda a tradición.
Esta procesión é a que conta con máis devotos no noso concello pola protección que se lle atribúa ao Cristo dos navegantes coas xentes do ma.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará