O candidato socialista estará acompañado nos primeiros postos da lista por Digna Rivas, Leonardo Cabaleiro e Leticia Guisande, todos eles xa con experiencia como membros da corporación actual. O resto dos nomes corresponden a novas incorporacións, maioritariamente persoas menores de 30 anos. Reguera presentará oficialmente esta candidatura o vindeiro sábado 18 nun acto que terá lugar no Convento de Vilavella ás 20:45 horas e no que estará o secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro.
O candidato á alcaldía Eduardo Reguera, indicou que “esta candidatura amosa una profunda renovación. A participación da xuventude pon de manifesto a inquedanza dos mozos por acadar un concello e una sociedade máis xusta e igualitaria”.
Así, a lista actual renovase nun 80% repecto da lista presentada hai catro anos e caen entre outros o edil Luis Orge que contou cun protagonismo salientable neste último mandato.
Completan a candidatura nos seus primeiros postos Mauro Alvarez (24 nos) Ana Isabel Rey Gómez (25 anos), Isaac Araujo Figueroa (24 anos) e Ana Alonso Pazos de 30 anos.
Once dos compoñentes da candidatura posúen formación universitaria ao que se engade outro grupo con estudos finalizados de formación profesional nos distintos ámbitos. En canto aos sectores, a agrupación socialista reuniu a persoas que traballan no ámbito deportivo, musical, na sanidade pública, administración, automoción con presenza tamén de persoas procedente do sector sindical e o pequeno comercio.
No acto do sábado intervirán ademais do candidato Eduardo Reguera e o secretario xeral do PSdeG Xosé Ramón Gómez Besteiro, o secretario xeral dos socialistas en Pontevedra, Santos Héctor e Digna Rivas concelleira e número dous da agrupación para as vindeiras eleccións.