Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Menos da metade dos solicitantes das axudas de comedor escolar recibirán subvención municipal

RR_Noticias

Tan só se beneficiarán destas axudas 19 dos 50 solicitantes malia que non se investiron todos os cartos previstos: dunha partida inicial de 24.000 euros tan só van ser empregados 16.000. Dende o BNG critican que se deixe fóra das axudas a moitos dos solicitantes e aseguran que “o goberno de Javier Bas, quere facer caixa a conta dos comedores escolares”.

Na  concesión de Axudas de Comedor Escolar, para o curso 2014/2015, das 50 solicitudes presentadas so 19 foron outorgadas, así o explica o nacionalistas Xoan Carlos González quen engade que as solicitudes presentadas afectaban un total de 68 alumnos e alumnas dos cales tan só 26 recibirán finalmente estas axudas para o presente curso.
Explican dende o BNG que “se máis da metade do alumnado que presentou solicitudes, quedou fóra, algo se fixo mal dende o goberno de Javier Bas e que cando se dota unha partida como a dos comedores escolares de 24.000€, gasto similar ao empregado na Cabalgata de Reis, e aínda lles sobran 8.000€, claramente están actuando en contra das verdadeiras necesidades da cidadanía”. Considera que os servizos sociais, e neste caso, a atención ás demandas das familias para este servizo escolar, amósase claramente ineficaz.
O concelleiro nacionalista acusa ao goberno Bas “de querer facer caixa cos servizos sociais”. Exemplifica esta situación con casos de familias que teñen a máxima puntuación nos informes de carácter social, mais como existen débedas coa facenda local, négaselle esta axuda. En concreto refírese a solicitude de catro irmáns, que poderían chegar a recibir uns 2.500€, que non van ser atendidos vía estas axudas de comedor.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará