O Multiusos da Xunqueira acolle ás 21:00 horas de hoxe a proxección da película polaca Ida dentro do ciclo Cinemas de Galicia que organiza o Agadic. Mañá sábado a quenda será para a música coa actuación dentro da Rede de Músicas Soldas da cantante Alba María, quen presentará en Redondela o seu primeiro disco “Aínda”.
Alba María chega a Redondela en formato de cuarteto para presentar os temas incluídos no seu primeiro traballo. Alumna da Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, gañou do I Concurso de Canción de Autor de Teo. Naturalidade, xuventude e temáticas de xénero están presentes nos textos das cancións, compostos por ela mesma. Destacados músicos do panorama galego, desde o Folque (Pedro Pascual, Óscar Fernández, Gutier Álvarez) até o Jazz (Felipe Villar) participan neste CD. As entradas para este concerto, que terá lugar o sábado ás 21:00 horas, pódense adquirir xa no Multiusos da Xunqueira a un prezo de 4 euros. Un espazo que acolle hoxe a proxección da película Ida, filme polaco gañador do óscar 2015 á mellor película de fala non inglesa, que se proxectará nesta xornada de venres ás 21.00 h. A proxección inclúese no programa CINEMAS DE GALICIA promovido pola AGADIC e o prezo é de 3 €. Unha película que narra a historia de Anna, unha noviza que, na Polonia de 1960, e a piques de tomar os seus votos como monxa, descobre un escuro segredo de familia que data da terrible época da ocupación nazi.