Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades para os máis pequenos na biblioteca de Soutomaior na X semana do libro

RR_Noticias

As propostas celebraranse en horario de mañá e tarde para aproveitar a ampliación de horario da biblioteca. Entre as propostas destacan as actividades para nenos como os talleres de Manualidades e  Ciencia Máxica para escolares, os contacontos infantís e a obra de teatro “Nuncabunga” da compañía Elefante Elegante. As actividades infantís arrancarán esta tarde ás 17:30 horas cun contacontos muscial a cargo de , Pablo Díaz quen ofrecerá o seu espectáculo para bebés “TocToc”. A obra é totalmente gratuíta e está dirixida a nenos de até cinco anos de idade.

Con estas propostas a biblioteca municipal pretende achegar aos veciños ao seu novo horario de mañá e tarde promovendo actividades en diferentes momentos que se axusten á dispoñibilidade de toda a poboación.
O mércores, a partir do once da mañá, a biblioteca acollerá o taller práctica Ciencia Máxica para escolares. Trátase dunha actividade concertada cos centros educativos coa que se pretende espertar nos pequenos o gusto pola ciencia. Pola tarde, a partir das 16,15 horas, celebrarase unha nova sesión de manualidades para nenos e nenas na que a artesá Elisabet Hillerud ensinará aos asistentes a confeccionar o seu propio marcapáxinas infatil.
O xoves 23, a partir das doce da mañá, os alumnos dos centros educativos locais gozarán da obra de teatro “Nuncabunga” da compañía Elefante Elegante e a semana terminará con outra sesión de contacontos. Esta vez será Fátima Fernández a que interpretará o seu espectáculo “Érase unha vez uns zapatos”, o venres a partir das 17:30 horas, a nenos e nenas a partir de cinco anos de idade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará