Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa a Consellería de Pesca de querer silenciar o desfalco na confraría de Arcade

RR_Noticias

Os nacionalistas aseguran que dende a Consellaría “intentáronse tapar as irregularidades e solucionar o problema de forma amigable, para que non transcendese a opinión pública xa que o afectado e a súa familia son persoas próximas  ao PP”. O desfalco de máis de 105.000 euros cometido por un funcionario da propia confraría foi detectado polos novos responsable do pósito de Arcade logo de que dimitira o anterior patrón maior.

O portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas, ven de preguntar na Comisión de Pesca cales foron as medidas adoptadas polo Consellaría ante o desfalco de máis de 105.000 euros detectado na confraría de Arcade, descuberto a raíz de que dimitira o anterior patrón maior e no que estaría implicado un funcionario da propia confraría vinculado a un alto responsable da Federación provincial de confrarías, militante do Partido Popular. Rodas reclamou responsabilidades á Consellería por non ter actuado de oficio dende o ano pasado intentando tapar o asunto.
Na contestación a Secretaria Xeral Técnica afirmou que a consellaría non tivo coñecemento do desfalco ata que o mesmo transcendeu aos medios de comunicación e que unha vez coñecido procedeuse a abrir expediente ao funcionario implicado e a por os datos a disposición da  Fiscalía por si houbera responsabilidades penais.
O BNG tachou de mentira o afirmado pola Secretaria Xeral Técnica, dado que dende o primeiro momento foi informada por parte do Cabido e que foi a propia administración a que lle facilitou dous contables e un auditor, ambos técnicos dunha empresa coñecida que presta servizos de fiscalización da man da Consellaría en varias confrarías, que foron quen  levaron a cabo as labores de detención das irregularidades.
Segundo o deputado nacionalista, a Consellaría en todo momento intentou tapar as irregularidades e solucionar o problema de forma “amigable”, para que non transcendese a opinión pública xa que o afectado e a súa familia son persoas próximas  ao PP.  E así puideron devolver  en cómodos prazos as presuntas cantidades substraídas sen que transcendese.
Unha maneira de actuar segundo aseguran dende o Bloque “máis propia da mafia siciliana que de unha administración que deba garantir a transparencia e a persecución das prácticas irregulares”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará