Dende o primeiro minuto o Construcciones Castro amosou a sùa superioridade nun partido disputado no pavillón de Chapela e a onde o seu rival o Poio Artai chegaba con tan só dez xogadores. Partido de trámite no que os locais venceron por 35-22. Pola súa banda a Sar xogaba no campo do Calvo Xiria. Un encontro que dende o inicio estivo en mans do equipo coruñés que ao chegar ao descanso contaba xa cunha vantaxe de 8 goles no marcador, vantaxe que iría incrementando ata chegar ao definitivo 31-19.
Na vindeira semana o Chapela que continúa na cuarta praza do grupo desprázase ao campo do Lalín, sétimo na táboa. A Sar xogará na casa, son sextos e reciben aos décimo, o equipo de Pontevedra.