Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER reclama maior protección para a fortaleza de Rande

RR_Noticias

Os restos da coñecida como muralla da fortaleza de Rande quedaron a vista logo da limpeza realizada polos operarios de Audasa que está a preparar os terreos para acometer as obras de ampliación da AP-9. Malia que hai dous anos se aprobara por unanimidade unha moción solicitando que se declararan estes restos Ben de Interese Cultura (BIC) e se lles dese maior protección, AER denuncia que dende a Xunta non se ten recibido resposta a esta petición. Solicitan tamén ao alcalde que adopte medidas para garantir a pervivencia destes restos.

A Agrupación de Electores presentará no pleno de hoxe unha pregunta na que solicitan do alcalde información sobre as xestións realizadas ante Patrimonio encamiñadas a facer cumprir unha moción presentada hai xa dous anos e na que se solicitaba a declaración de Ben de Interese Cultural tanto dos restos da Fortaleza de Rande como o cargadoiro do Alemán e o xacemento arqueolóxico dos pecios da batalla e da contorna de Rande.
Na moción arguméntase a necesidade de protexer o “único vestixio que resta das defensas terrestres relacionada coa Batalla de Rande que podería quedar destruído coa construción de novos piares para a ampliación da Ponte”. Precisamente a súa declaración como BIC ou o mero feito de incoar un expediente para tramitar esta declaración outorgaría a este elemento patrimonial unha maior protección ante calquera actuación urbanística.
Neste sentido solicitan hoxe do alcalde Javier Bas, que dea explicacións sobre as xestións feitas ante patrimonio e si ten pensado “solicitar a Fomento a paralización inmediata das obras na contorna ata que non quede clarificado que efecto terán sobre dito xacemento”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará