Trátase dunha cooperativa de uso e consumo e sen ánimo de lucro cuxo obxecto é comercializar enerxía de orixe renovable certificado. Deste xeito as persoas socias da cooperativa colaborar tamén no obxectivo de cambiar o modelo enerxético actual e que evolucione cara un modelo 100% sostible. Unha actividade organizada pola Agrupación de Electores e que terá lugar na tarde do xoves 7 ás 19:00 horas e na que se falará tamén do funcionamento do mercado eléctrico.
Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable, apostando pola sostenibilidade enerxética e por una xestión transparente. A longo prazo a cooperativa ten tamén como obxecto a promoción de proxecto de xeración de enerxía renovable de xeito distributivo. O funcionamento de Nosa Enerxía está baseado no modelo cooperativo, o cal significa que son una organización participativa e aberta. O único necesario para seren socios é facer una chega inicial de 100 euros, cantidade que lle será devolta a cada cooperativista no momento en que decidan deixar de participar do proxecto. Na charla presentación de hoxe falarán dos seus obxectivos a curto e medio prazo. A día de hoxe contan xa con 120 socios, están a piques de comezar a comercializar a enerxía e teñen en mente de cara ao futuro ampliar eses servizos ata chegar a ser produtores.