Os traballadores da empresa Urbaser teñen anunciado unha convocatoria de folga a partir do 18 de maio. Esta decisión tomada polos traballadores vén dada pola negativa da empresa a continuar coas negociacións do convenio. Para facer pública esta demanda, os propios traballadores tiveron presenza no pleno celebrado a pasada semana.
Dende o BNG entenden que “a corporación municipal, e sobre todo o goberno local non deben permanecer alleos a esta problemática e ten a obriga moral de esgotar todas as posibilidades para evitar que esta convocatoria de folga se materialice”.
Por estes motivos a concelleira nacionalista Cecilia Pérez Orge ven de solicitar a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces para que, por parte do Alcalde, se dea información sobre as xestións feitas ou que pensa facer para solucionar este conflito.