Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE levará ao Senado a falta de frecuencias na estación de tren dos Eidos

RR_Noticias

Poucas frecuencias e falta de servizos. Así resume o PSOE a situación actual da estación de tren dos Eidos, en Redondela, que o candidato socialista denomina “a estación do olvido”. Esixen que Os Eidos conte con dez paradas diarias en cada sentido, como ten Vilagarcía, cunha poboación semellante. Agora só ten tres paradas diarias. A senadora María Ángeles Marra levará as demandas á Cámara.

A senadora socialista visitou a estación acompañada de varios concelleiros do PSOE redondelán, e sinalou que é “de xustiza” que unha comarca como a de Redondela conte con máis frecuencias na liña do Alvia. Marra anunciou que levará ao Senado unha serie de preguntas para que o goberno e o Ministerio de Fomento dean conta “do que teñen pensado facer con esta estación”. A senadora lamentou que esta gran infraestrutura estea infrautilizada “sen frecuencias e sen persoal”. Demandan máis trens que paren nos Eidos e máis servizos para os potenciais usuarios, que non son só os 30.000 veciños de Redondela senón uns 70.000 en toda a bisbarra. Reguera cuestionou tamén o papel do goberno local nos servizos ferroviarios de Redondela, e denunciou “a falta de compromiso” do alcalde, Javier Bas, con esta estación.  

Eduardo Reguera concelleiro PSOE
O candidato socialista denuncia o avandono de Fomento na Estación dos Eidos.
María Ángeles Marra senadora
Marra levará ao Senado unha betería de preguntas sobre o futuro dos Eidos onde o PSOE reclama máis frecuencias e servizos.
Falta de compromiso
Reguera denuncia a falta do compromiso do alcalde Javier Bas coa estación redondelá.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará