Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha corporación con oito caras novas

RR_Noticias

Unha corporación a de Redondela que incrementa o número de partidos. Aos catro que contaban con representación neste último mandato -PP, PSOE, BNG e AER- súmase agora Redondela Pode, unha formación nacida ao abeiro de Podemos que logra entrar no concello cunha edil: Raquel Quintáns, a candidata máis nova de toda Galicia con tan só 19 anos e que entra a formar parte da nova corporación municipal.

Nove concelleiros populares (un menos que no mandato anterior) estarán presentes na corporación de Redondela. Repiten por esta formación o actual alcalde Javier Bas, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, Ana María Alonso, Teresa París, Mª José Barciela, Jesús Crespo e Arturo González. Hai entre os populares dúas caras novas: a do independente Julio Mougán e Mª Carmen Amoedo.
Caras novas atopamos tamén entre os seis edís socialistas (dous menos respecto dos últimos anos) con Eduardo Reguera á cabeza acompañado por Digna Rivas, Leonardo Cabaleiro e Leticia González, todos eles xa concelleiros no último mandato. Entran como novidade Mauro Álvarez e Ana Isabel Rey.
O BNG queda cun único edil, o seu cabeza de lista e xa concelleiro, Xoán Carlos González.
Por último a Agrupación de Electores (AER) ten na man dos seus catro representantes a capacidade de decidir quen ocupará a alcaldía nos vindeiros anos. Logo de acadar 2.837 votos, dous mil máis que hai catro anos, pasan de tan só un concelleiro a catro. Entrarán na corporación Ricardo Figueroa, José Bernardo Crespo “Campa”, Beatriz Laíño e repite Jorge Varela “Chopi”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará