Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, capital do títere

RR_Noticias

Milleiros de persoas pasaron esta fin de semana por Redondela para gozar dos monicreques. “Imposible facer cálculos en canto ao público asistente a esta XVI edición” explicaba o director do festival Luis Crespo.  Un festival internacional que xa é todo un referente no teatro de monicreques e que conxuga a perfección as actividades de rúa cos espectáculos de sala, así como as propostas infantís xunto coa programación de adultos.

Éxito indiscutible un ano máis no festival de títeres de Redondela. Lonxe quedan aqueles primeiros anos nos que o público podía acceder a todos os espectáculos. A elevada presenza de público, con milleiros de persoas procedentes de diferentes puntos de toda a provincia, obriga aos espectadores a seren previsores e retirar os seus billetes con antelación se non queren perder espectáculos de tanta calidade como o que onte pechaba o programa, a proposta do peruano Hugo Suárez “Body Rhapsody”.
En canto ás propostas de rúa, tamén obrigado coller un bo sitio con tempo para poder gozar dalgún dos tantos espectáculos que encheron de público a praza da petanca. A praza da Casa da Torre ou a praza do concello.
Un ir e vir de xente que se viviu constantemente polas rúas do casco urbano e pola propia Alameda, lugar no que se concentraron a maior parte das propostas dos titiriteiros de gorra así como o mercadiño titiriteiro.
Éixto tamén para as novidades que se puxeron en marcha nesta edición. Salientar por exemplo o paseo dos pitiños, unha excursión dende a Portela cara o centro da vila seguindo a unha galiña xigante. Os redondeláns non defraudaron e ducias de persoas participaron do paseo disfrazados de pitiños ou, cando menos, vestidos de amarelo nunha iniciativa que nace para se quedar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará