O círculo cultural recreativo de Chapela acolle todos os mércores dos meses de xuño e xullo en horario de tarde de 17:00 a 19:00 horas o obradoiro “Nós tamén facemos”
Orientado a nenos de 4 a 14 anos de idade é completamente de balde e estará impartido por Edukatil. Unha actividade que arranca este mércores día 3 e n Chapela pero que se desenvolverá tamén nos centros culturais de Cidadelle, Miñoteira e Negros, estando pendente de inicio noutras parroquias.
Organizado pola Concellería de servizos sociais, muller e igualdade está dirixido a menores con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos, e ten como obxectivo transmitir a importancia de participar e comprometerse coas tarefas familiares e domésticas para manter relacións respectuosas que favorezan a convivencia e o benestar da familia e garantir a conciliación e a igualdade entre mulleres e homes dende idades temperás.
O Programa consiste no desenvolvemento nos colectivos de mulleres existentes no concello de Redondela, de talleres de carácter práctico nos que se realicen tarefas básicas de cociña como pelado de patacas, lavado e preparado de comida, preparación de comida sinxela (tortilla francesa, pizza, sándwich…) e de limpeza como colocación e recollida da mesa, lavado e garda de louza, limpeza de espellos ou po…, entre outras.