Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BM Chapela reduce o seu persoal para a próxima temporada co obxectivo da permanencia

RR_Noticias

Os resultados da campaña que vén de rematar son “negativos” para o presidente do club, Manuel González Soto, xa que o equipo aspiraba a entrar na fase de ascenso á División Prata, e non foi posible. Na próxima temporada o orzamento obriga a recortar gastos, polo que reducirán o cadro de xogadores mantendo a Fran Teixeira no banco de adestrador.

O presidente lamenta que o equipo non fora quen de superar a cuarta praza da Primeira Nacional, por detrás de Cisne, Novás e Seis do Nadal, equipos aos que se impuxo ao longo do campionato. Para Soto a temporada foi unha decepción, xa que o Construcións Castro Chapela perdeu puntos ante rivais máis febles. Con todo, quere pensar no futuro, e aposta por facer un equipo competitivo para a Primeira Nacional, pero “recortando gastos”. O presidente explica que se reducirá o actual cadro de xogadores e manterán a Fran Teixeira no banco de adestrador. Fixa como obxectivo a permanencia, aínda que non desbota poder optar aos postos de fase de ascenso. En canto á categoría feminina, celebra a quinta praza acadada polas xogadoras de Lupo, que fixeron unha espléndida temporada na División de Prata. Confía en que na próxima temporada poidan consolidar a categoría e mesmo mellorar algunha posición. Campus de Verán O Construcións Castro Chapela organiza no mes de xullo o seu habitual Campus de Verán, dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 15 anos de idade. Realizarase na semana do 13 de xullo no pavillón de deportes de Chapela. A inscrición custa 100 euros para os membros do club, e 110 para o resto de participantes. O prezo inclúe a equipaxe e a comida, xa que tanto o xantar como a merende se realiza no propio pavillón a cargo dunha empresa de catering. Na fin de semana, os días 18 e 18 de xullo, disputarase o torneo de Balonmán Praia. E para o mes de agosto preparan o campamento de verán, en horario de mañá, no que organizan actividades formativas, deportivas e lúdicas.    

Manuel González Soto presidente
O presidente lamenta os malos resultados do equipo de Primeira Nacional que aspiraba a entrar na fase de ascenso.
Obxectivos para a próxima temporada
Na categoría masculina reducirán plantel co obxectivo da permanencia no feminino queren consolidarse na División Prata.
Campus de Verán
Celebrarase no pavillón de Chapela do 13 ao 18 de xullo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará