A parroquia de San Vicente de Trasmañó vivirá esta fin de semana dúas intensas xornadas nas que o motor será o protagonista indiscutible, o sábado cunha ginkana orientada a todo tipo de vehículos e o domingo coa celebración da segunda xuntanza de coches e motos clásicas.
O campo de fútbol de San Vicente de Trasmañó acolle esta fin de semana unha ginkana automovilística na que participarán pilotos de diferentes categorías: tracción dianteira e traseira, todoterreos 4×4, quads, motos e kart cross. A competición comezará ás dez da mañá organizada cpola comisión de festas de Trasmañó. Haberá premios en metálico para os mellores clasificados e un trofeo para os dez primeiros de cada categoría. Os interesados en competir deben inscribirse no teléfono 663176951 ou 670 884 419. O prezo por piloto é de 25 euros.
Xa na xornada do domingo día 7 haberá unha xuntanza de coches e motos clásicas organizada pola cantina de Trasmañó. Os participantes daranse cita ás 10:30 horas no torreiro da Igrexa. Todos eles recibirán un agasallo e celebraranse diferente sorteos.