Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda “20 anos loitando contra os nosos dragóns, como fixeran os mariñeiros contra a temida Coca”

RR_Noticias

A Asociación de familiares e enfermos mentais Lenda foi a encargada do pregón co que arrancaban este ano as Festas da Coca. Unhas celebracións que onte volvían xuntar no centro da vila a centos de persoas que se achegaron ao noso concello para gozar das alfombras florais e da tradicional Danza das Espadas e as Penlas. Un baile que se poderá ver novamente o vindeiro domingo, día no que a orquestra París de Noia será a encargada de pechar o programa coa súa verbena nocturna.

Un orixinal pregón a tres voces con Jaime Viqueira, José Angel Bemposta e Benjamín Nogueira como mestres de cerimonia, que se encargaron de poñer voz a Asociación de amigos e familiares do Centro Lenda, un centro de atención ao enfermo mental que leva 20 anos traballando en Redondela, “20 anos loitando contra os nosos dragóns, como en tempos o fixeran os mariñeiros contra a temida e furiosa Coca, 20 anos protexendo doncelas de todas as Cocas do mundo, 20 anos batendo as nosas espadas contras as adversidades do mundo contras as que nos revelamos, 20 anos nos que as nosas famlias nos ofreceron o seu lombo como fan as Burras para facer bailar as Penlas”. Previamente o presidente da Asociación, Fran Somoza, lembraba o acollemento e apoio co que Lenda sempre contou entre os veciños dende aqueles inicios no ano 1995. Dúas décadas de historia que serviron para cubrir un espazo e dar unha atención non sempre atendida dende a administración. Somoza aproveitaba a súa intervención precisamente para reclamar maiores apoios por parte dos gobernantes “para que atendan as persoas con enfermidade mental porque na medida en que isto se consiga estará reflectida a talla dos nosos gobernantes”. Un emotivo e reivindicativo pregón que deu paso tamén a outros emotivos actos como a homenaxe as alfombristas e o acto solemne de relevo das penlas. Unhas Penlas que onte, ante centos de persoas na Praza da Constitución e na praza da Casa da Torre, participaron do acto máis esperado por veciños e visitantes: a Danza das espadas e as penlas. Baile que poderemos volver gozar o domingo na praza da Farola, logo de que a procesión percorra as rúas de Vilavella decoradas para a ocasión polas alfombras florais. O programa das festas segue hoxe xa pola tarde con activiades deprotivas na Pista da Xuqueira e unha nova edición da Coca dos nenos que contará co espectáculo musical Merenda con pan de millo a cargo de Migallas teatro a partir da 18:30 hroas na Alameda e unha nova actuación de Javy-Javichy. A verbena deste venres estará amenizada por Alkar e Palladium.  

Lenda pregón
Jaime Viqueira José Angel Bemposta e Benjamín Nogueira
Fran Somoza presidente Lenda
Reinvindicou maior apoio para a asociación
Herminda Quelle concelleira de festas
Actividades da fin de semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará