Un dos integrantes da Agrupación de Electores ven de presentar unha denuncia no xulgado logo de recibir una escrito ameazante horas despois de que a formación anunciase a súa decisión de cara ao pleno do vindeiro sábado de votarse a si mesmos. Na denuncia, presentada na tarde de onte no xulgado de Vigo, o denunciante fai constar que recibiu no seu domicilio unha nota escrita no ordenador na que se pode ler textualmente “Eres un traidor y un pepero de mierda!!! A ti y AER la chulería os sale por las orejas ¿Quién coño pensais que sois? Andade con ojo tu y los tuyos”.
As épocas de pactos e negociacións políticas producen tensións e tamén intercambio de descalificativos entre os propios partidos. A decisión da Agrupación de Electores de non pactar co PSOE, votarse a si mesmos na sesión de investidura do sábado e permitir que goberne o PP, ten recibido críticas e aplausos. Malia aceptar e asumir a situación “porque cada un é libre de opinar”, AER ven de presentar unha denuncia no xulgado logo de que un dos seus membros recibira na caixa do correo do seu domicilio un escrito amezante “denunciamos este tipo de conductas, esperando e desexando non se repitan, nin con nós ni con ninguén” conclúen.