Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia “favores laborais” do alcalde a AER e os califica de “marca branca do PP”

RR_Noticias

O secretario provincial do PSdeG-PSOE Santos Héctor participou onte dun acto en Redondela de apoio ao candidato socialistas Eduardo Reguera  “ante a ruptura unilateral das negociacións” por parte de AER e o seu anuncio de que se votarán a si mesmos no pleno de constitución da próxima corporación. Un acto no que non dubidou en atacar directamente aos membros da Agrupación de Electores aos que cualificou de “marca branca do PP” e asegurou contar con “fundadas sospeitas que membros desta lista recibiron favores laborais por parte do alcalde e vinculados tamén a Deputación Provincial”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE sinalou que o Partido Socialista iniciou as conversas cos restantes grupos, por ser a forza máis votada da esquerda, para tratar de conformar un goberno de progreso en Redondela e que “estes señores (en referencia a AER)  usaron as negociacións co PSOE para aumentar a súa cotización no pacto co PP”. Santos Héctor referiuse a que os 2.800 redondeláns que votaron “a estes señores” votaron un cambio en Redondela “e que non gobernara a dereita dos recortes, a dereita da reforma laboral a dereita dos copagos, a dereita que está a maltratar os cidadáns”. Por outra parte, o líder dos socialistas da provincia asegurou que “temos fundadas sospeitas que membros desta lista recibiron favores laborais por parte do alcalde en funcións de Redondela e vinculados tamén a Deputación Provincial, ao señor Louzán e a súa política caciquil”. “Queremos denunciar -concluíu Santos Héctor- que os veciños que votaron a AER nas elecións do pasado 24 de maio votaron ao Partido Popular”. “Eles van ser os únicos responsables de que a dereita siga a gobernar en Redondela catro anos máis, a dereita dos recortes, a dereita de Rajoy, a dereita de Feijoo e a dereita de Louzán”, rematou.  

Santos Héctor secretario provincial PSOE
Denuncia favores laborais e cualifica a AER de marca branca do PP
Complices da dereita
Amosa o seu apoio aos socialistas de Redondela e acusa a AER de seren cómplices do PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará