Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela Pode confía en que os partidos de esquerda cheguen a poñerse de acordo

RR_Noticias

A formación política reuniu onte a todos os partidos políticos de esquerda co obxectivo de intentar formar un goberno de concentración no que se partillen os programa electorais e no que alcaldía estaría liderada nos dous primeiros ano por AER e nos dous últimos polo PSOE. Unha xuntanza que arrancaba con tensión entre os representantes de AER e PSOE a raíz das declaracións de días anteriores, pero que discorreu logo nun ambiente de cordialidade, segundo explicaba dende a formalización convocante Xavier Garaloces.

Garaloces recoñece que existe un grao de desconfianza importante entre os dous grupos que teñen na súa man a posibilidade de poñer en práctica esta proposta de liderar un goberno de concentración que desbanque da alcaldía ao PP. Unha proposta que ten un difícil percorrido pero que serviu para xuntar a todos os grupos da esquerda en torno a unha mesma mesa na tarde de onte. Malia que a resosta non será definitiva ata esta noite “porque tanto AER como PSOE dixeron que tiñan que consultala cos seus militantes” non hai posibilidade de que chegue a concretarse antes do pleno de investidura de mañá. No caso de gobernar novamente o PP, algo que xa se da por feito, Redondela Pode entende que o seu papel será o de “fiscalizar e loitar por mudar as políticas que desenvolven os populares”. Redondela Pode logrou un representante na corporación local, Raquel Quintáns, quen no pleno de mañá estará na mesa de idade que preside os plenos de investidura por tratarse da edil máis nova do Concello, tan só 19 anos.  

Xavier Garaloces Redondela Pode
Unha proposta de concentración
O seu futuro
Fiscalizar ao goberno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará