Ao redor de 200 persoas asistiron onte á concentración convocada en Redondela polas Anpas do noso concello para amosar o seu rexeitamento á xestión do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado de 3º e 5º de Primaria e o de 2º e 4º de secundaria que critican pro entender que moitos nenos van quedar sen libros no vindeiro curso e que os pais terán que afrontar a comprar dun material que en moitos casos chega a 300 euros por neno. Critican tamén a xestión das axudas para a compra de material escolar destinados aos estudantes que cursen primeiro, segundo, cuarto e sexto de primaria.
A Praza do Concello de Redondela acolleu na tarde de onte unha concentración que se repetiu en diferentes localidades galegas para reivindicar un préstamo universal e gratuíto dos libros de texto e manifestar a súa oposición ao novo modelo de bancos de libros que acaba de crear a Consellería de Educación e que consideran non é operativo e que vai deixara moitos nenos sen libros. Critican dende as Anpas que a Consellería poña en marcha un sistema de banco de libros que cualifican de “obsoleto e sen material suficiente para todos os nenos que van cursar eses cursos” en palabras da presidentas da Anpa do Colexio Outeiro das Penas, Nuria Rodríguez. Critican tamén que á hora de conceder os axudas para a compra de material escolar que aínda estarían operativas nos cursos de primeiro, segundo, cuarto e sexto de primaria non se valoren outras cuestión ademais da renda familiar. Pon como exemplo as minusvalías inferiores aos 65% que non se teñen en conta á hora de conceder ditas axudas. Outras críticas céntranse na norma que establece que haxa que publicar unha listaxe dos alumnos que teñen dereito aos manuais do Fondo da Consellería, o que implicaría saber cales son as familias con menos recursos “algo que ao noso entender vulnera a lei de protección de datos”. Dende a Anpa Ernestina Otero, Pili entenden que a solución pasa por recuperar o sistema de préstamo do goberno anterior “cando todos os nenos tiñan garantidos os libros de texto, un material que tiñan que devolver ao rematar o curso”. Agora os beneficiarios dos libros decidiranse en función do material existente e non das necesidades do alumnado. No mesmo sentido se manifestaba Eva, presidenta da Anpa do Ernestina Otero. Critica que nos cursos nos que non se concede o cheque os alumnos non van poder acceder aos libros de xeito gratuíto porque “os fondos do banco solidario son insuficientes” e pon como exemplo que os nenos que repitan “como teñen que entregar os libros ao rematar o curso ao ano seguinte non disporán de manuais”. As mobilizacións contra o novo modelo de préstamo de manuais de texto que propón a xunta sacaba a rúa na xornada de onte a centos de persoas en diferentes localidades, xa que ademais de en Redondela houbo concentracións protesta en Santiago, Vigo, Ferrol, Lugo, Carballo ou Ponteareas. Con todo, as Anpas entenden que haberá moitos pais que se levarán as mans á cabeza porque non están informados e se atoparán en setembro coa situación de ter que comprar os libros “un desembolso que pode ascender a 300 euros por curso”. Un novo modelo que é defendido dende a Concellería de Educación. O seu titular, Román Rodríguez asegura que do obxectivo é “que todos teñan libros de texto” e que “os contratempos que vaia xurdindo irán resolvéndose pouco a pouco”.