A música da orquestra de saxos e as zarzuelas interpretadas por veciños de Redondela centrarán o repertorio dun concerto solidario que se celebrará esta tarde as 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira e co que se busca recadar fondos para financiar os proxectos sanitarios e educativos que a ONG ten en marcha en Senegal. A súa presidenta, Pilar Martínez, salienta o importante desta actividades xa que “con cada entrada ao concerto de hoxe (5 euros) darémoslle de comer a un neno durante un mes”.
A actuación, que se volverá repetir o xoves 25, contará coa presenza do coro infantil do Conservatorio de Redondela, o coro Voces Solidarias, a Orquestra de Saxos e os músicos Alfonso Blanco Puga, José Veiga Rodríguez, Isaura Lago, Cora Koolman, María Emilia González Acebedo, Enma Díaz e Alba Domínguez Viana. O prezo das entradas é de cinco euros e todo o recadado destinarase integramente para financiar a escola que a ONG puxo en marcha na localidade de Boulel en Senegal. Un proxecto educativo pero tamén sanitario, tendo en conta que para moitos dos nenos que asisten a esta escola a comida que alí reciben é a única da que dispoñen en todo o día. De feito, ese servizo de comedor é un dos motivos que fai que esta escola teña un índice moi baixo se absentismo nunha zona de poboación nómada dedicada ao pastoreo e que carecía de educación básica.